Capacidade dedutiva

Tratando o tema da ópera, dunha frase dada tal coma:
"Coro, peza para un grupo numeroso de cantantes, ao que cada vez se lle foi dando máis importancia, e que intervén para facer comentarios".
Foron capaces de chegar ás seguintes conclusións:
- "Grupo de persoas que critican por detrás, ao principio non eran importantes, pero co tempo chegaron a selo".
- "Grupo de persoas que cantan entre acto e acto".
- "Peza feita para un grupo de persoas que tan só dicían algún comentario".
- "Peza escrita para un grupo de xente para facer que a ópera sexa máis divertida".
- "Cantantes que entran a realizar comentarios".
Pero a queixa sempre é a mesma:
- "Profesor! Pero eu puxen o que viña no libro!"