31.1.05

Capacidade dedutiva


Tratando o tema da ópera, dunha frase dada tal coma:
"Coro, peza para un grupo numeroso de cantantes, ao que cada vez se lle foi dando máis importancia, e que intervén para facer comentarios".

Foron capaces de chegar ás seguintes conclusións:
- "Grupo de persoas que critican por detrás, ao principio non eran importantes, pero co tempo chegaron a selo".
- "Grupo de persoas que cantan entre acto e acto".
- "Peza feita para un grupo de persoas que tan só dicían algún comentario".
- "Peza escrita para un grupo de xente para facer que a ópera sexa máis divertida".
- "Cantantes que entran a realizar comentarios".

Pero a queixa sempre é a mesma:
- "Profesor! Pero eu puxen o que viña no libro!"

2 Comentarios:

At 9:59 PM, Blogger Santi de Laro said...

Queridísimo xograr, espero que certos comentarios enmarcados dentro do ámbito escolar feitos ou escritos por min, non teñan demasiada cabida neste blog, que comeza a resultar, cando menos ameazante para a integridade de certos aluminios. en todo caso, espero que vos saia ben o asunto, e que isto sirva para que os alumnos se pensen máis as cousiñas denantes de inmortalizalas no papel. Un saúdo moi cordial dun lector habitual do blog, que xa se cansa de que non se actualice!!!!!

 
At 8:31 PM, Blogger xograr said...

Estimado Santi de Laro. Sen dúbida que deixaches material suficiente para enriquecer esta bitácora. Segue consultando...

 

Enviar um comentário

<< Home