24.4.06

De mudanza

A partir de agora, movémonos a:
http://craniosprivilexiados.blogaliza.org
Esperamos que non deixes de visitarnos.

21.4.06

Descubrindo o Universo


Falando sobre os corpos que habitan no universo, o profesor realiza a seguinte pregunta:

"¿Quen me pode dicir o nome do cometa máis coñecido?"

Ante a falta de resposta do alumnado, decide dar unha pista que, a bo seguro, resulte definitiva:

"Pensade un pouco, en Lalín hai un centro comercial con ese nome"

A resposta dun avispado alumno foi inmediata: "O EROSKI"

Xa sabedes, o cometa Halley pasa a ser o cometa Eroski: ¡Viva a astronomía!

Mete medo!


Unha aplicada profesora fala da estrutura dun xornal. Nunha páxina vén unha palabra rara: "efemérides". Pero a audaz docente é quen de explicala e mesmo se atreve a buscar algún exemplo:
- A ver, que se celebra o 12 de outubro?
- O 12 non sei, pero o 30, Halloween.

Estas respostas si que son das que meten medo.

4.4.06

Der-rógame


Que significa o verbo "derogar"?

Aguda resposta:
Insistir en la consecución del placer propio. Por ejemplo, cuando estás en una discoteca y le dices a una chica "no te hagas derogar".

3.4.06

Retracto de Erasmo


Materia prima: "Erasmo de Rotterdam foi castigado por non retractarse diante do papa".

Materia elaborada: "Erasmo de Rotterdam foi castigado por non querer saír nunha foto co papa".

Está claro que o que se move...

Bilingüísmo harmónico

Reproducimos literalmente respostas dun exame de lingua castelá. O concepto de bilingüísmo harmónico que alguén tratou de acuñar débese referir á ambivalencia do noso alumnado para abraiarnos

HEXAEDRO. Triángulo de seis lados.
BARBARISMO. Un que fai cousas malas.
CASTIZO. Castillo pequeño.
BOLICHE. Persona que es muy pelotera.
ZULÚ. Una tropa.
HASTÍO. Como una astilla, unha cousiño pequena que se pode meter.
AVARO. Que non para de fumar. Que non ten ganas de facer nada.
VOLÁTIL. Un reptil volador.
PUERICULTURA. Cultivo del puerro.
EXHORTAR. Sacarlle o demo a alguén que leva dentro.
HEMI. Ciclo pequeno.

9.2.06

Delitos postmodernos

Certo día, un grupo de primeiro de bacharelato estaba resultando particularmente pesado e difícil de aturar.
O pobre do profesor dirixiu a clásica pregunta retórica: "Que fixen eu para merecer isto". Ante o que un alumno amante das madeiras contestou sen maior rubor: "Estudar".

Que gran delito! Kant, definitivamente, morreu.

14.11.05

O imperio contraataca!!!


Nun exame de bioloxía e ante a pregunta:
¿Cal é a función principal da membrana plasmática?
un alumno con alma de superheroe respostou:

" É a encargada de protexer a célula de invasores e de seres que sexan malignos "

Podemos ficar tranquilos: ante o ataque das tropas inimigas sempre estaremos protexidos...
¡Ponte a tremer Superman!

22.2.05

O movemento autoperforador da Terra


Nun exame sobre as enerxías renovabeis, ante a pregunta ¿En que consiste a enerxía xeotérmica?, un alumno respostou:

"A enerxía xeotérmica consiste na calor da Terra, isto quere dicir que a Terra canto máis quente está, máis profundamente se perfora".

Velaquí a importante teoría sobre o movemento autoperforador da Terra. ¿¿??

31.1.05

Capacidade dedutiva


Tratando o tema da ópera, dunha frase dada tal coma:
"Coro, peza para un grupo numeroso de cantantes, ao que cada vez se lle foi dando máis importancia, e que intervén para facer comentarios".

Foron capaces de chegar ás seguintes conclusións:
- "Grupo de persoas que critican por detrás, ao principio non eran importantes, pero co tempo chegaron a selo".
- "Grupo de persoas que cantan entre acto e acto".
- "Peza feita para un grupo de persoas que tan só dicían algún comentario".
- "Peza escrita para un grupo de xente para facer que a ópera sexa máis divertida".
- "Cantantes que entran a realizar comentarios".

Pero a queixa sempre é a mesma:
- "Profesor! Pero eu puxen o que viña no libro!"

17.12.04

Audacia empresarial

Ciclo Medio de Comercio.
Asignatura: Administración.
Pregunta: Defina "marca".
Resposta: Periódico deportivo que fala máis de fútbol ca de baloncesto.

Mírame


Que é o código Morse? Quizais teñamos unha idea máis ou menos estandarizada ao respecto, pero un tanto estreita de miras a ollos dos alumnos. Unha eminencia de 3º da ESO afirmou que "é o código que utilizamos para entender os cegos".

Clásicas culturas


Exame de Cultura Clásica de 4º da ESO: Pregunta: "Como recoñecerías a Poseidón?" O alumno dispuña dun debuxo no que o devandito deus tiña un peixe, un tridente... Pero este foi máis audaz: "Polo tricornio". O novo talante leva a Garda Civil a cambiar de santo.